venres, 11 de agosto de 2017

IPC











Os datos do IPC de xullo confirman que é o momento de repartir de forma urxente os froitos do crecemento económico, mellorar as rendas salariais, as pensións e as prestacións sociais. UGT reitera que o Goberno debe dar exemplo e elevar o salario dos empregados públicos e apela á responsabilidade da patronal para que rectifique a súa posición para a negociación do próximo AENC para 2018. UGT seguirá defendendo que os salarios crezan por encima do IPC, cláusulas de garantía salarial  e salarios mínimos de convenio garantidos coa referencia de alcanzar 1.000 euros mensuais.

Os datos do IPC do mes de xullo publicados hoxe polo INE recollen unha evolución mensual de -0,7% respecto ao mes de xuño, de modo que a variación anual mantense no 1,5% que xa recolleu o pasado mes.

Os datos de prezos do mes de xullo consolidan unha senda de prezos máis acorde coa situación de crecemento económico, con once meses de taxa de variación anual en positivo.

O noso país está a crecer a un ritmo superior ao esperado, incluso o Goberno revisou á alza a súa previsión de crecemento para 2017 de 2,7% a 3% e recuperáronse os beneficios empresariais. Con todo, o crecemento non se traslada ao conxunto da cidadanía.

Cando se cumpren dez anos desde o estalido da crise financeira, as políticas de austeridade extrema aplicadas en España deixaron un país máis pobre e desigual, con peores servizos públicos, cunha precariedade laboral imparable e en aumento e cunha repartición da riqueza cada vez máis inxusto.