luns, 19 de xuño de 2017

XORNADAS RLT










Ao longo da mañá do día 19, a sede de UGT-Galicia en Santiago acolleu o desenvolvemento dunha xornada dirixida a delegados e cadros de UGT, na que participaron máis de 25 persoas e na que se informou e se analizou o papel da representación legal dos traballadores nas iniciativas formativas programadas polas empresas.
O contido desta xornada xirou ao redor dunha introdución á iniciativa de accións de formación nas empresas; os dereitos da representación legal dos traballadores; a tramitación do informe da Representación Legal dos Traballadores; e a xestión das discrepancias.
Así, a secretaria xeral de UGT-Compostela-Barbanza, Inmaculada Sieiro, e o secretario de Organización e Administración de UGT-Galicia, José Luís Fernández Celis, explicaron que con este encontro trátase de informar e dar a coñecer as ferramentas que teñen os representantes lexítimos dos traballadores para participar na elaboración, seguimento da execución e avaliación na formación programada polas empresas.
Aclararon que esta formación debe ser negociada entre a empresa e os representantes dos traballadores, aínda que en moitos casos trátase dun dereito descoñecido nos centros de traballo.  Precisamente, esta situación foi a que aconsellou a celebración desta xornada.
Para UGT, é vital impulsar o diálogo entre a empresa e os traballadores a través dos seus representantes co fin de participar na detección das necesidades de formación e a definición dos plans de formación que logren cualificar aos traballadores e melloren a competitividade das empresas, facendo así un uso eficaz dos recursos.
Precisamente, a última Lei de formación do ano 2015 introduciu cambios que afectan á iniciativa de formación programada polas empresas pero que apenas se desenvolveron. Aínda quedan cuestións por resolver moi importantes como a acumulación de crédito das pemes.
Hoxe é preciso un traballo conxunto de traballadores e empresa para desenvolver unha formación acorde ás necesidades de cada posto e conseguir así unha maior produtividade nas empresas e no país en xeral.



Destaquemos, a vez, aspectos importantes como:


Que é a Representación Legal dos Traballadores (RLT)?

É o órgano de representación mediante o cal se articula o dereito que os traballadores teñen de participación na empresa, e a través do cal se fai efectiva a defensa dos seus intereses (Art. 129.2 da Constitución e Arts. 4, 61 e seguintes do Estatuto dos Traballadores).

Que modalidades pode adoptar a RLT?


A Representación Legal dos Traballadores poderá adoptar as seguintes modalidades:
  •     Delegados de Persoal: en empresas de 11 a 49 traballadores, así como empresas ou centros que conten entre seis e dez traballadores, se así o decidisen estes por maioría (ata 30 traballadores, 1 Delegado de Persoal; de 31 a 49 traballadores, 3)
  •     Comité de Empresa: Empresas ou centros de traballo con polo menos 50 traballadores.
  •     Comité Intercentros: Empresas na que existen varios Comités de Centro, cando estes así o decidan en Convenio. Os seus membros elixiranse de entre os compoñentes dos distintos Comités de Centro, tendo en conta os resultados electorais globais. En ningún caso poderán exceder de 13 membros.
  •     Comité de Empresa conxunto: Representa aos traballadores de varios centros de traballo dunha mesma empresa, situados na mesma provincia ou municipios limítrofes, que de forma independente non agrupan 50 traballadores, pero si de forma conxunta.
  •     Seccións Sindicais: Os traballadores afiliados a un sindicato poderán, no ámbito da empresa ou centro de traballo, constituír unha Sección Sindical que represente aos traballadores afiliados. As seccións sindicais están representadas por delegados sindicais elixidos polos afiliados, e poden ou non formar parte do Comité de Empresa.

Que información debe facilitar a empresa á RLT?
  •     Denominación e descrición das accións que se vaian a desenvolver e obxectivos.
  •     Colectivos destinatarios e número de participantes por accións.
  •     Calendario previsto de execución.
  •     Medios pedagóxicos.
  •     Criterios de selección dos participantes.
  •     Lugar previsto de impartición das accións formativas.
  •     Balance das accións formativas desenvolvidas no exercicio precedente.

É a valoración que emite a RLT sobre a información das accións formativas ou permiso individual de formación.

Cando ten que emitir o seu informe a RLT?
  • A RLT poderá emitir o seu informe no prazo de 15 días desde a recepción da documentación.

Que ocorre se a RLT emite un informe non favorable?
  • En caso de xurdir discrepancias, abrirase un prazo de 15 días para resolvelas. Se pasado o prazo continúa a discrepancia, deberase levantar Acta de Discrepancias e enviala, nun prazo de 10 días, xunto coa documentación entregada á Representación Legal dos Traballadores e os informes emitidos, á Fundación. Esta poñerá toda a documentación a disposición da estrutura paritaria sectorial competente.

Que ocorre cando nun grupo de empresas unha delas ten informe desfavorable da RLT, e o resto das empresas do grupo teñen informe favorable?
  • No sistema de bonificacións unha empresa identifícase pola súa CIF polo que cada empresa debe presentar e ter o seu propio informe, non influíndo no resto o informe das demais.
  • Se existe informe desfavorable deberá remitirse á Fundación para a súa xestión.