Os mozos cobran a metade que o resto da traballadores
UGT denuncia nun informe a explotación laboral da mocidade
A
Vicesecretaria Xeral de UGT, Cristina Antoñanzas, afirmou que se
está explotando á mocidade traballadora do noso país e estase
ninguneando á que non ten un emprego. Para UGT isto é inaceptable.
Non imos asumir que a precariedade se asente como forma de vida para
os mozos españois”.
Cristina
Antoñanzas realizou estas declaracións durante a presentación do
informe
“Análise da precariedade no emprego xuvenil” elaborado por
UGT, onde sinalou que o mercado laboral xuvenil do noso país
caracterízase por “un alto nivel de desemprego e unha mala
calidade dos empregos e salarios, xa que 4 de cada 10 mozos menores
de 25 anos está desempregado, máis da metade dos contratos a mozas
dura menos de seis meses, o 28% dos contratos a tempo parcial son
para mozos e, deles, o 63% son para mulleres, e os menores de 25 anos
cobran a metade que os maiores”.