Urxe un pacto para rescatar ás persoas vítimas de oito anos de crise e seis de intensos recortes
O Comité Nacional de UGT-Galicia, que se reuniu hoxe en Santiago, reclama á Xunta unhas contas públicas ao servizo das persoas
O Comité constatou que en España e en Galicia,
tras oito anos de intensa crise e seis de políticas de austeridade
extrema que deterioraron o estándar de vida de millóns de familias,
a maioría da cidadanía anhela un cambio de rumbo que teña como
resultado unha mellora da súa situación económica, unha
recuperación de dereitos laborais e das liberdades cidadás e un
fortalecemento do estado de benestar e dos servizos públicos
esenciais.
Para o Comité Nacional, a nova situación
política en España e en Galicia ven marcada pola necesidade de
acordos políticos e sociais. É preciso mudar o rumbo, non é
posible continuar con políticas sociais e económicas centradas na
mera redución de gastos, que non teñen en conta as súas
consecuencias sobre as condicións de vida da poboación traballadora
e a sociedade en xeral.
Por iso, o Comité Nacional de UGT-Galicia advirte
que os gobernos deben abrir un proceso de diálogo social sen demora
pero, tanto no eido do Estado como en Galicia, a cidadanía ten que
ser consciente de que, para recuperar dereitos e avanzar, haberá que
recorrer á mobilización, se non se abren espazos de diálogo
concretos.
UGT non se vai resignar a que non se repartan
parte dos beneficios que se están xerando, hai crecemento pero non
hai redistribución. Por iso, se non se abren os espazos de diálogodemandados con resultados tanxibles, o Sindicato continuará cosprocesos de mobilizacións indefinidas e crecentes que poderíanconfigurar un posible escensario de folga xeral.
O COMITÉ NACIONAL ADOPTA RESOLUCIÓN DE APOIO
E SOLIDARIEDADE COS COMPAÑEIROS DE ASTURIAS
Por unanimidade, o
conxunto dos organismos presentes no Comité Nacional que se celebrou
hoxe en Santiago, adoptou unha resolución de apoio e solidariedade
cos compañeiros de UGT-Asturias polos feitos que teñen acontecido
nestes últimos días. Ademais, o Comité cualificou as actuacións
levadas a cabo nesta contexto como realmente desproporcionadas.