****************************
A folga é un dereito fundamental
recoñecido en case todos os países do mundo pero en España estase restrinxindo
o seu exercicio para, ao tempo, silenciar á cidadanía. Preténdese converter o
conflito social nun problema de orde pública, camiñando cara un Estado de
carácter policial.
criminalizaron as actuacións de
trescentos sindicalistas en defensa dos dereitos dos traballadores. En Galicia,
Carlos e Serafín, con penas de prisión de tres anos, aínda están á espera de
que se lles de resposta ás peticións de indulto. Mentres tanto, continúan as
mobilizacións na súa defensa. Tamén están os cinco traballadores de Arcelor, en
Asturias, ou os oito traballadores de Airbus, en Madrid, para os que a Fiscalía
pide en total 66 anos e cárcere.
O ... marcado carácter ideolóxico destas
reformas persegue un único obxectivo, acernar as liberdades democráticas para
acalar a protesta social e o exercicio desas liberdades fronte ás políticas de
recortes, restritivas e antisociais.