
O Congreso extraordinario de UGT-Galicia elixe a delegación ao 42 Congreso Confederal de marzo
Ao longo de mañá de hoxe celebrouse en Santiago o Congreso
extraordinario de UGT-Galicia, previo ao 42 Congreso confederal de UGT
que terá lugar entre o 9 e o 12 de marzo en Madrid. Este Congreso extraordinario contou coa presencia do secretario de Organización e Comunicación confederal, José Javier Cubillo.
Analizouse
a xestión da Comisión Executiva confederal neste último mandato que, en
termos xerais valorouse como positiva, xa que na actual conxuntura e
con todas as dificultades engadidas conseguiu posicionar a UGT como unha
organización de referencia para a sociedade española, con niveis de
afiliación e representación moi importantes.
O
Congr
eso extraordinario de UGT-Galicia tamén remarcou a transcendencia
histórica do vindeiro Congreso confederal no que se producirá un cambio
de liderado e unha refundación a nivel organizativo para facer un
sindicato máis eficiente e con maior capacidade de dar resposta aos
problemas das persoas traballadoras e avanzar no crecemento de emprego
de calidade e de recuperación de dereitos sociais e laborais.

Finalmente,
se levou a cabo a elección das 16 persoas que acudirán ao Congreso
confederal en representación de UGT-Galicia. A relación de delegados e
delegadas é a seguinte: José
Antonio Gómez, Delia Irene Martínez, José Domingo Barros, Mónica
Rodríguez, José Carrillo, Ana Belén Valiño, Inmaculada Sieiro, César
Fraga, Ángel Tomé, Ramón Vidal, Laura López, Yago de Ron Fernández,
RobertoTeijido, Rosa Arcos, Juan Manuel Carreira e Celestino Criado.

Todas estas persoas representan a totalidade das estruturas territoriais e das Federacións de Nacionalidade do Sindicato en Galicia.