martes, 10 de marzo de 2015

ENSINO E LEI


                                     

                               

                         

 

O colexio Santa Apolonia de Santiago: "centro privado sen lei"

FETE-UGT esixe á Consellería de Educación que, de forma inmediata, faga cumprir a lei ao centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela e impida os agrupamentos ilegais que realiza de alumnado da ESO. ¿Por que esta pasividade da Administración educativa?

Por fetecompostela | GC ABERTO | 09/03/2015
  • Este sindicato presentou o 6 de outubro de 2014 un escrito ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no que se denunciaban os seguintes feitos:
 - O CPR Sta Apolonia xunta alumnos de 1º e 2º de ESO nun único grupo desde comezo do curso 2014-15, e tamén noutras materias de 3º e 4º ESO.
Case cinco meses máis tarde da presentación do escrito, FETE-UGT non recibiu ningunha resposta da Xefatura Territorial e o centro segue mantendo os agrupamentos ilegais. Isto prexudica a práctica pedagóxica e ten repercusións negativas no ámbito laboral.
Non é a primeira vez que este centro realiza este tipo de agrupamentos ilegais, posto que xa o fixo no curso 2013-14 a pesar dos diversos contactos telefónicos mantidos coa inspectora correspondente e da visita que esta fixo ao centro o 26 de marzo de 2014, comprobando os feitos denunciados.
Ademais este centro ignora abertamente, de xeito reiterado e con total impunidade o anterior requerimento do Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña con relación ao agrupamento de 1º e 2º ESO e de 3º con 4º.
Por todo isto, FETE-UGT esixe a actuación da Administración educativa e que obrigue ao centro Santa Apolonia a cumprir a lei en beneficio tanto do alumnado coma do profesorado.