
UGT insta ao Goberno a que invirta os máis de
 26 millóns de euros que aforrou en Galicia no mes de abril en 
prestacións nun verdadeiro plan de recuperación laboral para os parados 
de longa duración
Un mes máis fanse públicos os datos 
relativos ao desemprego. No mes de maio rexistráronse 263.444 parados en
 Galicia, 6.700 menos que no mes anterior, o que supón unha caída do 2,5
 por cento. No Estado hai 4.572.385 desempregados, caendo tamén 
mensualmente un 2,39 por cento. Interanualmente, en Galicia o desemprego
 tamén baixa, un 7 por cento e no Estado nun 6,51 por cento. Estes 
últimos datos son lóxicos porque as cifras de desemprego estaban en 
máximos, aínda que a realidade segue a ser insostible, de feito, hai 
115.235 parados máis nesta autonomía que no mesmo mes do ano 2007. Para 
UGT-Galicia, a baixada do paro, no mes tradicionalmente mellor para o 
emprego, non é máis que un pequeno raio de luz nun negro nubarrón, xa 
que unha análise máis polo miúdo de todas as estatísticas que se ofrecen
 hoxe obsérvase unha realidade máis complexa.
Os 6.700 parados menos rexistrados en Galicia non deben ocultar que xa case 130.000 desempregados carecen de cobertura, cun forte risco de exclusión social
As mulleres perciben salarios inferiores, pensións tamén máis baixas e á hora de cobrar prestacións tamén son as grandes prexudicadas, cunha taxa de cobertura 13 puntos infereior á dos homes
Santiago, 3 de xuño de 2014.- Un mes máis fanse públicos os datos 
relativos ao desemprego. No mes de maio rexistráronse 263.444 parados en
 Galicia, 6.700 menos que no mes anterior, o que supón unha caída do 2,5
 por cento. No Estado hai 4.572.385 desempregados, caendo tamén 
mensualmente un 2,39 por cento. Interanualmente, en Galicia o desemprego
 tamén baixa, un 7 por cento e no Estado nun 6,51 por cento. Estes 
últimos datos son lóxicos porque as cifras de desemprego estaban en 
máximos, aínda que a realidade segue a ser insostible, de feito, hai 
115.235 parados máis nesta autonomía que no mesmo mes do ano 2007. Para 
UGT-Galicia, a baixada do paro, no mes tradicionalmente mellor para o 
emprego, non é máis que un pequeno raio de luz nun negro nubarrón, xa 
que unha análise máis polo miúdo de todas as estatísticas que se ofrecen
 hoxe obsérvase unha realidade máis complexa.
Para o Sindicato, resulta moi preocupante o número de beneficiarios 
con prestación en Galicia, 141.386, caendo a taxa de cobertura ao 56,91 
por cento, cando hai un ano era do 61 por cento e no resto do Estado é 
na actualidade do 57,92 por cento. O desemprego de longa duración estase
 a converter xa nun mal estrutural. Xa hai 128.758 parados sen ningún 
tipo de cobertura, co forte risco de exclusión social que isto supón.
Pero é que esta realidade estatística ten outra lectura que non se 
lle pode escapar a ninguén. A cronificación dos parados de longa 
duración leva ao Estado a aforrar tan só en Galicia a día de hoxe e 
mensualmente 26,4 millóns de euros en materia de prestacións, o que vai 
supoñer a finais de ano superar os 300 millóns. UGT-Galicia insiste en 
que esta cantidade debe destinarse a políticas activas de emprego e a 
mellorar as coberturas económicas e o acceso ás prestacións. O Sindicato
 considera que urxe un plan de recuperación laboral para os 
desempregados de longa duración de tal forma que teñan unha oportunidade
 real. Son moitas as persoas que levan xa un ano, dous ou máis en 
situación de desemprego e é necesario que se lles den faciliades para 
acceder a unha prestación económica ou subsidio ou ofrecerlles 
oportunidades de emprego.
É evidente que é difícil e, sobre todo, inxusto, manter unha 
sociedade na que xa sexan tantas as persoas e as familias que non teñen 
ningún ingreso. Neste punto o Estado ten a obriga de actuar e resolver a
 situación. Ten que garantir ingresos suficientes, vinculando todo isto a
 políticas activas e pasivas de emprego co fin de mellorar a cobertura 
económica e facilitar o acceso ás prestacións.
Continuando coa análise das taxas de cobertura, o Sindicato observa 
que, segundo os datos facilitados polo SEPE, a decembro de 2013, última 
data da que se dispón dun desglose por sexos, hai unha significativa 
diferenza por razón de xénero. Unha diferenza de máis de 13 puntos, 
mentres a taxa de cobertura entre os homes é do 66,5 por cento, entre as
 mulleres non supera o 53,3 por cento. As mulleres seguen sendo as 
grandes prexudicadas das eivas do mercado laboral, perciben salarios 
inferiores, pensións tamén máis baixas e as taxas de cobertura por 
desemprego tamén están por debaixo.
Os máis mozos tamén son vítimas destas diferenzas. Tendo en conta os 
datos por tramos de idade a decembro de 2013 compróbase que a cobertura 
por desemprego non chega ao 50 por cento ata que se superan os 30 anos.
Seguindo coa análise dos datos, destaca tamén a contracción da 
poboación en idade de traballar pola saída de poboación cara fóra. 
Rexístrase a caída do desemprego dos estranxeiros, o 8,2 por cento da 
diminución do paro interanual en Galicia. Hai unha saída de persoas que 
formaban parte do mercado laboral ante a falta de expectativas.
Por sexos, o desemprego cae un 3,34 por cento entre os homes e un 1,7
 por cento entre as mulleres. Interanualmente, un 8,8 por cento entre os
 homes e un 5,7 por cento entre as mulleres.
Por provincias, o paro cae en todas. En A Coruña un 2,8 por cento; un
 2,7 por cento en Lugo; 2,24 por cento en Pontevedra; e un 2,21 por 
cento en Ourense. En relación a hai un ano, baixa un 8,22 por cento en A
 Coruña; un 7,98 por cento en Lugo; un 7,11 por cento en Ourense; e un 6
 por cento en Pontevedra.
Entre os menores de 25 anos o desemprego cae un 3,92 por cento. En 
termos interanuais a caída é do 19,04 por cento. O porqué desta caída 
está na saída de efectivos da comunidade ante a falta de expectativas. 
De feito, hai 3.746 parados menos neste tramo de idade nun ano.
Por sectores o desemprego tamén cae en todos mensualmente e interanualmente.
O número de contratos rexistrados en Galicia durante maio foi de 
62.704, medrando nun 8,38 por cento con respecto a abril, aínda que hai 
unha forte caída da contratación indefinida, do 12,3 por cento, fronte 
ao aumento da temporal nun 10,63 por cento. No ano tamén se rexistran 
fortes subas da contratación, 17 por cento máis a indefinida e un 11 por
 cento máis a temporal.
A media de afiliados á Seguridade Social é realmente preocupante. Tan
 só 915.301 no mes de maio en Galicia, o que supón un aumento de 5.808. 
No Estado as subas da afiliación son moito máis acusadas, do 1,21 por 
cento no mes e un 16 por cento interanualmente.
O Sindicato considera que hai que darlle a este país unha 
recuperación con contido. Fálase moito de recuperación económica pero 
esta só pode vir unida á creación de emrpego, á mellora dos salarios 
reais, a garantir as coberturas en caso de desemprego e á redución das 
desigualdades. Non se pode consentir que a pobreza e a miseria cada vez 
afecten a un maior número de familias.
| 
 | 
Demandas de emprego pendentes de parados (paro rexistrado) | 
||
| 
 | 
Total | 
Homes | 
Mulleres | 
| 
 | 
 
271.063 
 | 
 
132.967 
 | 
 
138.096 
 | 
| 
2013/Decembro | 
 
21.426 
 | 
 
6.927 
 | 
 
14.499 
 | 
| 
Total paro con experiencia laboral | 
 
249.637 
 | 
 
126.040 
 | 
 
123.597 
 | 
| 
Beneficiarios prestacións desemprego | 
 
149.692 
 | 
 
83.823 
 | 
 
65.869 
 | 
| 
Taxa de cobertura (definición SEPE)* | 
 
60,0 
 | 
 
66,5 
 | 
 
53,3 
 | 
Total beneficiarios das prestacións por X 100
Paro Rexistrado SISPE con experiencia laboral + Beneficiarios de subsidio eventuais agrarios
| 
 | 
 
Parados (inclúe sen emprego anterior) 
 | 
 
beneficiarios prestacións 
 | 
 
% parados sen cobertura 
 | 
| 
 
Total 
 | 
 
271.063 
 | 
 
149.687 
 | 
 
55,22 
 | 
| 
 
16 a19 anos 
 | 
 
2.678 
 | 
 
183 
 | 
 
6,83 
 | 
| 
 
20 a24 anos 
 | 
 
14.059 
 | 
 
3.685 
 | 
 
26,21 
 | 
| 
 
25 a29 anos 
 | 
 
26.709 
 | 
 
10.372 
 | 
 
38,83 
 | 
| 
 
30 a34 anos 
 | 
 
34.052 
 | 
 
17.102 
 | 
 
50,22 
 | 
| 
 
35 a39 anos 
 | 
 
38.960 
 | 
 
20.358 
 | 
 
52,25 
 | 
| 
 
40 a44 anos 
 | 
 
35.387 
 | 
 
18.875 
 | 
 
53,34 
 | 
| 
 
45 a49 anos 
 | 
 
34.342 
 | 
 
19.279 
 | 
 
56,14 
 | 
| 
 
50 a54 anos 
 | 
 
32.387 
 | 
 
19.495 
 | 
 
60,19 
 | 
| 
 
55 a59 anos 
 | 
 
30.415 
 | 
 
23.252 
 | 
 
76,45 
 | 
| 
 
60 a64 anos 
 | 
 
22.074 
 | 
 
17.086 
 | 
 
77,40 
 | 
| 
 
GALICIA 
 | 
 
2014/Maio 
 | 
 
VARIACIÓN SOBRE 
 | 
|||
| 
 | 
 | 
 
Mes anterior 
 | 
 
Mesmo mes ano anterior 
 | 
||
| 
 | 
 | 
 
nº  
 | 
 
% 
 | 
 
nº 
 | 
 
% 
 | 
| 
DESEMPREGO | 
 | 
 | 
 | 
 | 
 | 
| 
Nº desempregados rexistrados | 
 
263.444 
 | 
 
-6.700 
 | 
 
-2,48 
 | 
 
-20.442 
 | 
 
-7,20 
 | 
| 
* homes | 
 
126.380 
 | 
 
-4.366 
 | 
 
-3,34 
 | 
 
-12.165 
 | 
 
-8,78 
 | 
| 
* mulleres | 
 
137.064 
 | 
 
-2.334 
 | 
 
-1,67 
 | 
 
-8.277 
 | 
 
-5,69 
 | 
| 
Nº parados mozos < 25 anos | 
 
15.924 
 | 
 
-650 
 | 
 
-3,9 
 | 
 
-3.746 
 | 
 
-19,04 
 | 
| 
Nº desempregados estranxeiros | 
 
12.471 
 | 
 
-424 
 | 
 
-3,3 
 | 
 
-1.671 
 | 
 
-11,8 
 | 
| 
Nº desempregados por sectores* | 
 | 
 | 
 | 
 | 
 | 
| 
* agricultura | 
 
8.994 
 | 
 
-229 
 | 
 
-2,5 
 | 
 
-382 
 | 
 
-4,07 
 | 
| 
* industria | 
 
36.361 
 | 
 
-1.423 
 | 
 
-3,8 
 | 
 
-3.250 
 | 
 
-8,20 
 | 
| 
* construción | 
 
36.779 
 | 
 
-1.837 
 | 
 
-4,8 
 | 
 
-7.875 
 | 
 
-17,64 
 | 
| 
* servizos | 
 
159.778 
 | 
 
-3.034 
 | 
 
-1,9 
 | 
 
-7.192 
 | 
 
-4,31 
 | 
| 
* sen emprego anterior | 
 
21.532 
 | 
 
-177 
 | 
 
-0,8 
 | 
 
-1.743 
 | 
 
-7,49 
 | 
| 
Beneficiarios prestación por desemprego (abril) | 
 
141.386 
 | 
 | 
 | 
 | 
 | 
| 
Taxa de cobertura (abril) | 
 
56,91 
 | 
 | 
 | 
 | 
 | 
| 
CONTRATACIÓN | 
 | 
 | 
 | 
 | 
 | 
| 
Nº contratos | 
 
62.704 
 | 
 
4.850 
 | 
 
8,38 
 | 
 
6.403 
 | 
 
11,37 
 | 
| 
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 
 
4.982 
 | 
 
-696 
 | 
 
-12,26 
 | 
 
724 
 | 
 
17,00 
 | 
| 
Nº contratos temporais | 
 
57.722 
 | 
 
5.546 
 | 
 
10,63 
 | 
 
5.679 
 | 
 
10,91 
 | 
| 
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL | 
 | 
 | 
 | 
 | 
|
| 
Nº afiliados (datos provisionais) | 
 
915.301 
 | 
 
5.808 
 | 
 
0,64 
 | 
 
3.128 
 | 
 
0,34 
 | 
