CONCENTRACIÓNS DE DELEGADOS E DELEGADAS CONTRA AS INICIATIVAS PENAIS QUE CONCULCAN A LIBERDADE SINDICAL
Concentracións en protesta polas
actuacións que perseguen penalmente a liberdade sindical e claramente
tratan de deslexitimar as respostas laborais ás reformas inxustas
impostas polo poder político
Co obxecto de
abordar a conveniencia de impulsar unha iniciativa global en Galicia,
ante as actuacións penais desenvolvidas contra os traballadores por
supostas actuacións delictivas durante o desenvolvemento de folgas
convocadas polas organizacións sindicais mais representativas e, ante a
gravidade destas actuacións que, perseguen penalmente a liberdade
sindical e claramente tratan de deslexitimar as respostas laborais ás
reformas inxustas impostas polo poder político e condicionar o futuro
desenvolvemento de outras folgas, UGT, CCOO e CIG convocan
concentracións conxuntas de delegados e delegadas, o xoves, dia 22 de
maio, as 12.00 horas nas principais localidades de Galicia, diante das delegacións ou subdelegacións do goberno ou das delegacións da Xunta de Galicia.
|