xoves, 24 de abril de 2014

FIE. 2014.


                                                                     
                                                                                                     

Hoxe,  xoves, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia abre as súas portas para acoller unha nova edición do Foro de Intermediación e Emprego, unha iniciativa da Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela. Ao longo de dúas xornadas, e en horario de 9:30 a 19:30 horas o xoves 24 e de 9:30 a 14:00 horas o venres 25, o FIE 2014 desenvolverá de xeito simultáneo un completo programa de actividades.
O obxectivo principal deste foro é situar aos participantes nas mellores condicións para afrontar a procura de traballo. Para iso, as diversas actividades programadas se centrarán especialmente en aspectos tan importantes como as novas tecnoloxías e as redes sociais na busca de emprego, as ferramentas máis eficaces para superar con éxito os procesos de selección, a correcta elaboración dun currículo ou as distintas características dunha entrevista de traballo.
Relatorios, mesas redondas, charlas-coloquio e cursos formativos, diversos obradoiros prácticos, encontros concertados entre empresas e demandantes de emprego, así como as ‘Xornadas técnicas no marco do Pacto Local polo Emprego sobre inserción laboral e recrutamento 2.0’ integran el programa  do Foro. Nos que a nosa Unión, Compostela, Barbanza e Deza e partícipe, activa,  en tódolos ámbitos que o integran.