O Goberno do Estado iniciou o mes de agosto como, estaba previsto, con premeditación.... ordenando publicar no BOE do sábado, 3 de agosto, o RD-lei 11/2013, de 2 de agosto, (¡alerta! que seguen cos eufemismos) ?para a protección dos traballadores a tempo parcial e outras medidas urxentes na orde económica e social?, que recolle modificacións de moito calado do marco normativo laboral en materia de emprego e protección por desemprego, e do Estatuto dos Traballadores, (seguen os eufemismos) ?en materia de lexitimación para a defensa e protección dos traballadores en distintos procedementos? ...., e sobre a regulación dos despedimentos colectivos, incluíndo a do RD 1483/2012, e en materia procesual da Lei de xurisdición social.... as multinacionais poderán despedir xa con total liberdade.
UGT-Galicia denuncia a premeditación do Goberno coa publicación no BOE do primeiro sábado do mes de agosto do RD Lei 11/2013
Santiago, 7 de agosto de 2013.- O Goberno do Estado iniciou o mes de agosto como, estaba previsto, con premeditación.... ordenando publicar no BOE do sábado, 3 de agosto, o RD-lei 11/2013, de 2 de agosto, (¡alerta! que seguen cos eufemismos) “para a protección dos traballadores a tempo parcial e outras medidas urxentes na orde económica e social”, que recolle modificacións de moito calado do marco normativo laboral en materia de emprego e protección por desemprego, e do Estatuto dos Traballadores, (seguen os eufemismos) “en materia de lexitimación para a defensa e protección dos traballadores en distintos procedementos” ...., e sobre a regulación dos despedimentos colectivos, incluíndo a do RD 1483/2012, e en materia procesual da Lei de xurisdición social.... as multinacionais poderán despedir xa con total liberdade.
Como todo estaba premeditado, engádenlle nocturnidade e piden auxilio aos do FMI que, co seu mellor sorriso, engaden ao paquete a necesidade de reducirmos os salarios un 10% a través dun gran pacto entre goberno e axentes sociais.
Á negativa inmediata de sindicatos a participar nesa burla, Christine Lagarde, dende o FMI, pídelle o seu compromiso de apoio neste asunto ao ínclito comisario de asuntos económicos e monetarios, Olli Rehn, que ameaza -aos que non asuman a necesidade de facernos a todos os traballadores e traballadoras un pouco máis probes do que xa somos- con levar sobre as nosas conciencias esa culpa, a culpa de non ternos pegado un tiro no dedo corazón do noso propio pé...
Dende UGT seguimos a manifestar e denunciar, unha vez máis, que reducir máis os salarios dos cidadáns unicamente agravaría unha situación económica bastante complicada xa de seu e empobrecería aínda máis aos cidadáns condenando a España á miseria.
AS POLÍTICAS DA TROIKA SEGUEN FRACASANDO
Dende UGT seguimos a manifestar e denunciar, unha vez máis, que dende a Troika veñen impoñendo en Europa e en España unha serie de políticas económicas que están fracasando. Impuxeron unha reforma laboral que leva provocado 600.000 ocupados menos; que provocou xa que os salarios reais en España, unha vez descontada a inflación, caeron en 6,3
puntos dende hai dous anos e máis dun 5% nos últimos doce meses.
puntos dende hai dous anos e máis dun 5% nos últimos doce meses.
Dende UGT seguimos a manifestar e denunciar, unha vez máis, que a baixada de salarios xa introduciu unha caída do consumo e o investimento, que está a provocar sufrimento e elementos de creba nas propias familias por non poder atender, por exemplo, as súas hipotecas ou as súas necesidades máis básicas en sanidade, ensino ou servizos sociais.
UGT LEMBRA QUE, MENTRES OS BENEFICIOS EMPRESARIAIS MEDRAN UN 2,2 POR CENTO, AS RENDAS DO TRABALLO DIMINÚEN UN 5,4 POR CENTO
Dende UGT seguimos a manifestar e denunciar, unha vez máis, que os empresarios están incumprindo o que pactaron no II AENC porque, mentres os seus beneficios subiron un 2,2%, as rendas dos traballadores diminuíron un 5,4% en 2012.
Dende UGT seguimos a manifestar e denunciar, unha vez máis, que esta redución de salarios vai afectar gravemente ás prestacións por desemprego e as pensións xa mínimas dos galegos e das galegas pero, pola contra, o aumento de impostos e dos prezos segue a empobrecernos aínda máis.
UGT-GALICIA CRITICA “O CHIVATAZO DE XEITO ANÓNIMO” QUE PRETENDE O GOBERNO PARA DENUNCIAR A TRABALLADORES EN MATERIA DE DESEMPREGO
Dende UGT denunciamos tamén que co plan de loita contra do emprego irregular e a fraude á Seguridade Social, aprobado en abril do 2012 que ven de retirar a prestación por desemprego a 60.004 beneficiarios por ter incumprido os requisitos fixados, non se loita contra a fraude nin contra o emprego irregular e que a súa aposta por provocar o chivatazo de xeito anónimo para denunciar a traballadores vai promocionar actuacións máis propias de rexímenes fascistoides e totalitarios con efectos de futuro nada recomendables para preservar a paz social.
Vázquez pide participación
Besteiro avoga por un PSdeG "renovado e integrador"
O presidente da Deputación de Lugo e o alcalde de A Illa mediranse nas primarias que a formación celebrará o 7 de setembrosinistro do tren alvia
Bombeiros de Santiago denuncian "graves deficiencias" na coordinación do rescate no accidente ferroviario
Critican a "falta de capacidade" coa que os dirixentes políticos xestionaron a intervención de Angroisnova protesta
Manifestación en Sanxenxo contra a "estafa masiva" de preferentes e subordinadas de NCG
A plataforma de Santiago recomenda "dodificar" a retirada de fondos da entidade bancaria para "ter máis tempo para premer"por valor de 148 millóns
Afectados polas preferentes e as subordinadas presentan máis de 2.500 demandas contra NCG
A entidade bancaria foi condenada en 181 litixios e gañou 94 por 3,2 millóns // Varias sentenzas desestiman reclamacións de entre 4.000 e 96.000 euros e algunhas rexeitan que houbese falta de informacióninforme 'Destrución a toda costa'
Galicia ten destruída a quinta parte do seu litoral, segundo Greenpeace
Sanxenxo, entre os 25 municipios que máis deterioran a costa en España // As localidades con maior superficie construída son Nigrán, Vigo e Pontevedra, e as que máis protexen a súa costa son Bueu e RibeiraGalicia ásase con temperaturas superiores aos 40 graos
A estación de Ferreira de Pantón, en Lugo, alcanzou os 41,7 graos este domingochoiva de estrelas fugaces
Cultura anima a contemplar as bágoas de San Lorenzo dende o alto do Gaiás
a ruta xacobea, moi viva
Santiago recibe o peregrino 125.000 e bate marcas
certame consolidado
Viñetas dende o Atlántico pecha as súas portas este domingo cun multitudinario respaldo do público
Miguelanxo Prado destaca a "xa incuestionable consolidación do festival" e a "fórmula" que o...Membros de Igualdade Animal e outras entidades
Rodean a praza de touros de Pontevedra para pedir a abolición do toureo
Confían en que Galicia sexa, despois de Cataluña, a próxima comunidade que suprima a práctica da...LEVA A QUEIXA AO VALEDOR
A Mesa denuncia supostas presións da Deputación da Coruña a un funcionario para que non use o galego
pasarela para visitantes
O primeiro Museo da Moda de Galicia abre en Allariz
Mostra reliquias da historia téxtil e comercial da localidade ourensana que se poderán tocar e un...A EMPRESA FALA DUN AUMENTO DO 203%
Anova vincula o anuncio da mineira de Corcoesto de incremento das reservas de ouro coas súas necesidades financeiras
Opinión
- Colonización do parque das Fontiñas de Santiago pola pomba brava. Por M. de Bran
- A cantadeira de Costoira, in memoriam. Por Xosé Lois García
- Círculo vicioso de explicacións e corrupcións. Por Xosé A. Gaciño
- Madrid, non sabe / non contesta. Por Joaquim Ventura
- O incógnito doutor Castro. Por Isidro Novo
- Morte, caos e responsabilidades. Por Pablo Vaamonde
- Traxedia, solidariedade e política de xestos. Por Manuel Mera
- Bágoas de sangue en Galicia. Por Ruth Fernández
- Eses olliños azuis, negros e acastañados (ou tres crianzas e unha reflexión)
- Unha de indios e galegos. Por Francisco B. González Tenreiro
- Vergoña de ser medio ponferradino. Por Antonio Gutiérrez
- O inteleitual Ratzinger. Por Xosé M. Rivas Troitiño
- O canto da terra e os ciclos naturais. Por Xavier Castro Rodríguez
- “Stop Desafiuzamentos”: Si se pode!!! Por Jorge M. de la Calle
- Montefurado, solpor romano. Por Xosé Manuel Lobato
- Xosé Lois García en Tedempo de Podente. Por David Otero
- Alternativa Antipatriarcal: é o momento. Por Ángel Amaro
- Un compromiso por Galicia. Por Manuel Dios Diz
- Un poema. Por Diana Varela Puñal
- Ai Carmela! Por Elías Pérez Sánchez