xoves, 2 de maio de 2013

NOVAS. 1º DE MAIO



Manifestación en Santiago - FOTO: Ramón Escuredo

1 de maio

Manifestacións en Galicia contra as políticas de austeridade e o recorte de dereitos
 

UGT e CCOO, que programaron o seu acto central na Coruña, advirten contra as medidas que "condenan" aos cidadáns á "miseria" // A CIG, que organizou a protesta principal en Vigo, aposta por unha folga xeral






                                                                                          

OPINIÓN:                                                                                                     


PABLO VAAMONDE | 28.04.2013

 


Seis millóns de persoas están sen traballo en España. Son máis que a totalidade da poboación de Dinamarca ou Finlandia. Hai dous anos Mariano Rajoy, desde a oposición, bramaba contra Zapatero cando o número de parados chegou aos cinco millóns. Prometeu rematar coa crise, recuperar o emprego e mellorar o benestar. Fixo todo o contrario, mais non da ningunha explicación aos que foron enganados. Permanece agochado, en silencio, mentres aumenta o sufrimento e a incerteza para a inmensa maioría. A sangría continúa: desde a imposición da reforma laboral España perde un emprego por minuto. Nos tres primeiros meses deste ano cada día perdéronse 3.600 postos de traballo
Moitas familias viven na desesperanza, afogadas pola falta de ingresos e pola ausencia dun horizonte alentador. Este goberno impón medidas de restricción (deseñadas e dirixidas polos especuladores financeiros internacionais) que só serven para producir máis malestar colectivo e afondar nas desigualdades sociais. En ano e medio retrocedemos na historia máis de tres décadas. A perda de dereitos laborais e protección social é tremenda. Os sindicatos solicítanlle a Rajoy unha reunión de emerxencia nacional para abordar o problema. Él non se digna en responder. Pero hai persoas no PP que deixan ben clara a súa posición. A delegada do goberno en Cataluña, María de los Llanos de Luna, afirmou (o mesmo día en que se coñeceron as dramáticas cifras do paro): “Es importante que haya pijos y ricos, que son los que luego gastan y consumen”.
A taxa de desemprego supera o 27% e na mocidade chega ao 57% (máis aló da frustración e o desalentó persoal, un país que non utiliza a enerxía e a formación dos máis novos está cegando o seu futuro). Este panorama desalentador debería ter unha resposta contundente por parte dos gobernantes. Mais ao día seguinte da publicación destes datos (venres 26 de abril, despois do Consello de Ministros) os responsables económicos anunciaron que a saída da crise vaise retrasar dous anos máis e que continuará a destrucción de emprego. De Guindos e Montoro prolongan un ano máis a subida do IRPF e anuncian que haberá impostos especiais. Todo vai cada vez peor para a maioría pero o goberno do PP insiste en que ésta é a política correcta. Os que deberían intentar a recuperación económica e protexer aos cidadáns contra o infortunio colectivo fan estas prediccións nefastas sen que se lles borre o sorriso displicente dos beizos. Semella que non lles interesa mudar de política: mentres o medo e a angustia atenazan á poboación eles continúan coa reducción de dereitos laborais, a diminución dos salarios e a restricción da protección social (tal como reclaman os representantes da patronal).
A forma de actuar deste goberno representa un fraude político. O catedrático de Dereito Pérez Royo sinala que “la contradicción entre el programa electoral y la acción de gobierno es practicamente absoluta”. O goberno recurre constantemente ao decreto lei, esquiva o control parlamentario, abusa da súa maioría absoluta e evita o control dos medios de comunicación ao non admitir preguntas nas roldas de prensa. “El ejercicio del poder está siendo un ejercicio fraudulento”, conclúe o citado xurista.
Mais con estas prácticas a xestión económica deste goberno é un absoluto fracaso. O economista Manuel Mera sinala que Rajoy puxo a reducción do déficit público como obxectivo central: pechou o 2012 co 10.6%, o peor da Unión Europea. Pero ademáis as políticas impostas están a provocar unha recesión económica que se está a converter nunha depresión. Por eso, conclúe, “si seguimos con el austericidio solo habrá más sufrimiento, más dolor, se destruirá más tejido productivo pero no habrá ninguna mejoría real en el déficil ni en la deuda pública”.
A facción política que ocupa o poder está a realizar unha actuación fraudulenta. As severas medidas impostas son todo o contrario do anunciado na campaña electoral. Falan de buscar a austeridade, cando o que provocan é un maior empobrecemento dos pobres e a laminación da clase media. En realidade a dereita nunca foi austera: é amante do luxo e ansía dispor de servos e criados. Norberto Bobbio escribeu que o criterio principal para distinguir a esquerda da dereita “es la diferente actitud que asumen los hombres que viven en sociedad frente al ideal de la igualdad”. Rajoy xa o tiña claro de mozo: non admite a igualdade básica das persoas e a súa máxima aspiración é “desigualarse”. Así o deixou escrito nun artigo publicado no Faro de Vigo en 1983.
Agora pretenden enmascarar a súa actuación mediante xogos de palabras. Se non fose pola dor que provocan coas súas decisións serían desternillantes a maioría das comparecencias ministeriais. Rajoy cuestionou a hipótese do cambio climático baseándose nas opinión dun primo seu. Fátima Báñez pideu a intervención da Virxe do Rocío para saír da crise. Arias Cañete, ministro de Agricultura e Alimentación, aconsella comer os ioguras caducados e recomenda a ducha fría para aforrar. Pero a incompetente ministra de Emprego foi más alá: cualificou a emigración forzosa da mocidade como movilidad exterior, porque hay quien busca oportunidades laborales y formativas”. Temos a xeneración máis preparada e culta da historia deste país que se ve na obriga de buscar no estranxeiro o futuro que aquí se lle nega e a principal responsable da situación despacha o tema con esta frivolidade. Resulta preocupante comprobar en que máns está o noso destino colectivo.

                                                                               





                                                                                                                              













XOSÉ LOIS GARCÍA | 30.04.2013 





 
 
 
 
6.202.700 é o número de desempregados no Estado Español. Unha cifra que provén da desfeita dun goberno cainita que se desentende da traxedia que están soportando as clases baixas e medias. Perdeuse o horizonte e os señores do desgoberno están atrincheirados sen dar respostas aos enigmas económicos. Un “goberno” que despreza con desvergoñadas prepotencias a intelixencia e a dignidade dos cidadáns. Un equipo de desgoberno que tiña que estar recluído noutras instancias tenebrosas: lonxe do sufrimento da xente do común.
Un Rajoy desaparecido. E cando se lle encontra pide “paciencia” con evasivas e sarcasmos. As contradicións son ben explícitas en todo ese cruzamento de respostas na que se exhibe a inoperancia e a ridiculez de non estar á altura de nada e de someterse ao ordeno e mando de Angela Merkel. Neste sistemático desorde flúe a pasividade dun goberno de palla e cun desprezo ao que din os especialistas económicos mais autorizados sobre os graves contratempos do paro e a caída devastadora dunha economía cada vez mais fráxil e sobre a cal, os omnipresentes de Guindo e Montoro balbucían o mínimo e aprazan os problemas até 2015, ano electoral no que o PP xa está construíndo mais demagoxia para sobrevivir ao temporal que se aveciña.
Mais falar nestas circunstancias de eleccións para 2015, pode que o asedio popular, aínda adormecido, tome medidas drásticas en seu desespero e opte pola desobediencia civil, argumentada polo desprezo dun “goberno” deslizado a esnaquizar as conquistas dos contribuíntes. Hai síntomas de grupos que xa optaron por torpedear os abusos e as incertezas pola que está pasando a sociedade. Estas posturas están tomando corpo e desenvolvendo accións fronte aos silencios administrativos e as mentiras que abren e toleran desfeita. 6.202.700 parados ensombrecidos pesan na conciencia dunha sociedade que cada vez é mais crítica coa intransixencia dun goberno varado en ningures.
 
 
 
 

situación caótica

Os Bancos de Alimentos, desbordados polas necesidades, urxen a atención aos nenos

Reparten uns 3,5 millóns de quilos anuais en cada provincia galega // Os necesitados son "agora son pobres de gravata" e a sociedade experimentou un aumento na solidariedade

control externo

Pemex quere comprar o estaleiro Barreras

A petroleira mexicana estuda a posibilidade de firmar unha carta de intención para obter a maioría de accións na empresa naval galega

ensaio

Xavier Vence anuncia a reacción dos países de la periferia ante o modelo "non viable" da UE

"Contar con estado propio dentro da UE, actúa como factor positivo do crecemento", observa o portavoz do BNG en referencia a territorios como Galicia

axudar ás persoas desaloxadas

O PSdeG proporá penalizar fiscalmente as casas baleiras

Ve "escandaloso" que haxa 300.000 en Galicia mentres se desafiúza // Pide á Xunta "xestións" para que a Lei de Costas regularice os núcleos costeiros galegos, como se pide nunha "emenda do PP"

concedeu 8.379 hipotecas

NCG Banco perdeu 7.938 millóns o pasado ano

Destinou a saneamentos e provisións 8.224 millóns no exercicio de 2012

captou 15.000 novas pemes

O Popular aumenta beneficios no primeiro trimestre

Gañou 104 millóns ata marzo, un 4% máis, impulsado por plusvalías // A entidade realizou provisións de 490 millóns, co que as acumuladas, 3.155 millóns, cobren o 16% do risco total

"xesto de transgresión"

Co incidente do Parlamento, Beiras díxolle a Feijóo: "Vostede non é ninguén, mamarracho"

"Creo que hai que facer todo o posible para que esta lexislatura non dure o que está previsto", opina

"crime de lesa humanidade"

O PSdeG alerta dun aumento do 30% de fogares sen ingresos

Advirte de que estará "en contra" de que os fondos derivados do aumento do tope de déficit se utilicen para "amortizar débeda"

"gravísimas consecuencias"

Pescanova recorre a decisión do xuíz de destituír os actuais administradores

Asegura que coa compañía está abocada á liquidación no caso de deixala en mans da CNMV ou por un consultor por ela designado
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

dirixida por Fefa Noia

 

reunidos en vigo

Os reitores de 18 universidades do sueste europeo queren construír "unha fábrica de proxectos"