luns, 4 de marzo de 2019

IGUALDADE





Os datos publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego Estatal reflicten que o número de parados en febreiro sobe respecto a xaneiro (un 0,10%, 3.279 persoas máis), aínda que en termos desestacionalizados descendeu (en 10.445 parados) e mantén a súa tendencia de redución anual (181.208 parados menos, un 5,22%). 

UGT mostra a súa preocupación por estas cifras de desemprego porque, a pesar da positiva evolución anual marcada polo mantemento da actividade económica, evidencia algúns perigos do noso mercado laboral.

 As cifras seguen mostrando a desigualdade no noso mercado de traballo: 

1) A maioría das persoas en desemprego son mulleres (un 58,6%). 
2) O carácter estacional da xeración de emprego, ligado ás campañas como a de Nadal e rebaixas, que poden ter como consecuencia, tras a súa finalización, un incremento do paro.
 3) A elevada dose de precariedade que mostran os contratos rexistrados. En febreiro só un 6,6% dos contratos asinados foron indefinidos a tempo completo.
 4) Tampouco hai que esquecer a extensión da precariedade entre as persoas que se atopan en desemprego. 

O descenso continuado da taxa de cobertura (do 70,6% en 2011 a menos do 62% actual), xunto á elevada cifra de desemprego de longa duración (case una de cada dúas persoas en desemprego leva nesta situación máis dun ano). É urxente ampliar o sistema de protección por desemprego e as políticas activas de emprego.