
Os obxectivos que persegue o sindicato coa convocatoria desta xornada de loita son, entre outros:
*A consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes e a plena equiparación de dereitos das mulleres na nosa sociedade.
*Loitar
contra a desigualdade e todas as formas de discriminación que sofren as
mulleres no ámbito familiar, social, político e económico, así como
para entrar ao mercado laboral e unha vez dentro.
*Combater,
moi en particular, o rexeitamento á brecha salarial que en Galicia é do
23% do salario e supón que no noso país as mulleres cobren ao ano preto
de 6.000 euros menos que os homes.
*Rexeitar
a cronificación do desemprego feminino e a elevada parcialidade –tres
de cada catro xornadas a tempo parcial son desenvoltas por mulleres-, e
precariedade dos empregos desempeñados por mulleres, así como a
segregación ocupacional, a ausencia de medidas eficaces que garantan a
conciliación e a corresponsabilidade da vida persoal, laboral e familiar
ou a ausencia dun sistema de protección social igualitario.
*Condenar
e combater todas as formas de violencia machista en todos os ámbitos e a
insuficiencia de medidas en todos os ámbitos –con especial
consideración ao laboral- para a protección das vítimas da violencia de
xénero.
*Rexeitar as políticas de igualdade de xénero do Goberno.