mércores, 20 de febreiro de 2019

EXPOSICIÓN













UGT inaugurou, hoxe día 20, en Santiago, no Centro sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 16), ás 12.00 horas a exposición itinerante “130 anos de loitas e conquistas” que está a recorrer todas as provincias españolas dentro dos actos conmemorativos do 130 aniversario do Sindicato que arrancaron o pasado 12 de agosto en Barcelona cun acto que reuniu a cadros e delegados de UGT de toda España.
No acto de inauguración intervirán a secretaria xeral de UGT-Compostela-Barbanza, Inmaculada Sieiro; o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; Luís Toxo, afiliado histórico de UGT; e o presidente da Fundación Luís Tilve, José Benito Núñez.
Esta exposición permanecerá en Santiago do 20 de febreiro ao 18 de xuño e terá un carácter itinerante, recorrendo os distintos centros socioculturais do Concello co fin de que toda a cidadanía compostelá se poida achegar e coñecela. Concretamente, no centro sociocultural do Ensanche estará do 20 de febreiro ao 4 de marzo. Do 5 ao 25 de marzo a exposición estará no Centro sociocultural de Santa Marta; do 26 de marzo ao 16 de abril, no de José Saramago en Vite; do 23 de abril ao 16 de maio no de Fontiñas; e, para rematar, do 28 de maio ao 18 de xuño no Centro sociocultural do Castiñeiriño.