Esta será a primeira xornada á que lle seguirán outras o día 27 de xuño e os días 4 e 5 de xullo, se non chega antes a solución á parálise no eido da negociación do convenio.
Pola contra, os traballadores
consideran que urxe a mellora dos salarios, establecer a subrogación
no sector, trasladar os acordos á industria auxiliar do naval,
regular as gardas localizadas fóra de xornada, mellorar as licenzas
retribuídas, limitar a utilización das ETT`s e non aumentar nin
desregularizar aínda máis a distribución da xornada irregular.
O Sindicato cre que a implicación
dos traballadores nas xornadas de folga e nas mobilizacións
convocadas conseguirá mudar a situación de parálise actual.
Precisamente, para informar aos
traballadores do seu dereito a folga e da importancia de participar
na mesma de cara a buscar unha saída equilibrada e xusta para o
convenio do metal da provincia de A Coruña, UGT-FICA adianta que
despregará piquetes informativos nas comarcas de Compostela, Ferrol
e A Coruña.