UGT-Galicia rexeita unha recuperación asentada na xeneralización da precariedade
Preto de 70.000 fogares teñen a todos os activos no paro e 37.100 non perciben ingresos
Ante os datos
da EPA feitos públicos hoxe, a Comisión Executiva de UGT-Galicia
manifesta o seu rexeitamento a unha suposta recuperación asentada na
xeneralización da precariedade. O Sindicato denuncia a fraxilidade
do modelo e considera que a crise e a reforma laboral deixaron un
rastro de precarización do mercado laboral e dos dereitos dos
traballadores, producindo un aumento dos niveis de desigualdade ata
situar a preto do 30 por cento da poboación española en risco de
pobreza ou exclusión social.