
Os datos do
paro feitos públicos hoxe evidencian que se está construíndo a
recuperación sobre os pés de barro do emprego precario. Non se pode
dicir que España teña saído da crise, a pesar dos recentes
resultados positivos en termos de PIB, con case 3,8 millóns de
persoas en paro no Estado e máis de 200.000 en Galicia, dos cales
tan só do 51,7 por cento perciben algún tipo de prestación por
desemprego.

Urxe
un cambio de políticas, apostando polos factores que permiten crecer
a medio e longo prazo. Hai que afrontar un triplo reto para os
vindeiros anos, inducir un crecemento máis equilibrado, sostible e
integrador; xerar máis e mellor emprego, de calidade e con dereitos;
e elevar o benestar e a calidade de vida de todos, con especial
atención á corrección das desigualdades de todo tipo e a
superación das bolsas de pobreza que a crise e as políticas
aplicadas estenderon.
VIXIANTES ANTE AS
CONTRATACIÓNS DE NADAL
UGT-Galicia
lembra aos traballadores, e con máis énfase ante as contratacións
de nadal, que, aínda que os seus contratos sexan temporais, teñen
dereitos, incluído o de recibir formación, a prevención de riscos,
axeitada aos seus postos de traballo, e que poden reclamar que estes
se cumpran.
UGT-Galicia
tamén lembra ao Executivo galego que nos Orzamentos da Xunta para o
2017 ten un bo instrumento para garantir un cambio de orientación
de políticas económicas para xerar máis crecemento, emprego de
calidade e a diminución das desigualdades.