NON
Un fin de semana negro sobre a violencia de xénero. Tres mulleres foron asasenadas en só 48 horas. Dous sucesos tiveron lugar en Galicia (Santiago de Compostela e Vigo) e un en Tarragona. Con estes tres casos, o ano está a piques de rematar con 42 mortes violentas de mulleres.
PROPOSTAS DE UGT
Ante esta realidade, UGT ten
unha serie de propostas que pasan por un Pacto de Estado contra a
violencia de xénero dotado dos orzamentos suficientes. No eido do
emprego son necesarias políticas activas eficaces e empregos de
calidade.
É imprescindible unha mellora dos dereitos laborais para
as vítimas e o recoñecemento de dereitos para as vítimas de acoso
sexual no traballo de dereitos similares aos das afectadas pola
violencia no eido privado.
UGT tamén demanda un permiso ou licenza
retribuída por un período non inferior a dous meses, similar ao que
teñen as empregadas públicas vítimas de violencia de xénero. As
ausencias ou baixas médicas derivadas da súa situación tampouco deben
supoñer un prexuízo no eido laboral.
URXEN RECURSOS NO EIDO DAS ADMINISTRACIÓNS E MAIOR COORDINACIÓN
Precísase garantía orzamentaria das políticas de protección contra a violencia de xénero, recuperando o 26% do orzamento destinado ás políticas de tratamento integral de violencia de xénero e o 75% a políticas de Igualdade.
Ademais, todas as administracións públicas deben reforzar as políticas de sensibilización no marco educativo, xurídico, sanitario, social e cultural que impliquen tanto a profesionais como á cidadanía en xeral, e aplicar programas interdisciplinares de atención integral cara ás mulleres que sufrisen violencia de xénero e ás súas fillas e fillos, co fin de proporcionarlles recursos adecuados tanto económicos, educativos, sociais, psicolóxicos e laborais que logren a súa recuperación vital e autonomía persoal.
Ademais, é fundamental a adopción de medidas de coordinación institucional e recuperación competencial a favor das entidades locais, implicando ás unidades de igualdade de todas as subdelegacións de Goberno na coordinación de policías, xuíces, fiscais, a avogacía de oficio, así como, ao persoal sanitario, en xulgados, policía (estatal, autonómico e local), servizos sociais e oficinas de atención ás vítimas. Precísase dun gran compromiso de coordinación, para crear unha rede eficaz.