xoves, 3 de novembro de 2016

PARO




O desemprego medrou na nosa Comarca un 1,39 % de media, na Bisbarra de Compostela, e un 1,98 %, na Bisbarra de Barbanza. Como apreciamos, as diferenzas superan o medio punto porcentual, pero tamén temos que ter en conta aspectos  ná composición, tanto numerica, coma sectorial ou de outra índole que se producen entre as mesmas. Esto evidencia  que estamos ante un mercado estacional que visualiza unha precariedade contractual, ná maioria do espazo territorial que acollemos.

Son necesarias políticas de emprego activo e unha diversificación sectorial para agrandar marcos xa consolidados. Xunto a isto non se pode dar unha contratación temporal, coma norma, se non que tense que crear emprego de calidade e de carácter indefinido, evitando así a alta rotación na contratación.



  • Os novos gobernos, tanto en Galicia como no Estado, deberían poñer en marcha, cada un deles dentro das súas competencias, plans de choque polo emprego, con recursos adicionais para a protección das persoas desempregadas de longa duración ao tempo que se incrementen as partidas destinadas ás políticas activas que melloren a empregabilidade e a inserción dos traballadores.
  • Neste senso, o Sindicato insta ao novo Goberno da Xunta a que nos Orzamentos para o 2017 se comprometa en materia de políticas activas de emprego, rompendo a tendencia deste últimos anos nos que reduciron moi significativamente as achegas neste eido, a pesar da crítica situación do mercado laboral. UGT-Galicia lémbralle ao novo Executivo que a Xunta ten plenas competencias en materia de políticas activas de emprego e que debe exercelas acompañándoas de partidas orzamentarias que garantan o seu cumprimento e efectividade.
  • Afondando nos datos facilitados hoxe, estes indican que o desemprego medrou nun 2,37 por cento, 4.604 persoas en paro máis que no mes anterior, fronte ao 1,2 por cento de incremento que se rexistra no resto do Estado.


En relación a hai un ano, o paro baixou nun 10,4 por cento e un 9,85 por cento no resto do Estado.



AS MULLERES E OS MOZOS SEGUEN A SER OS GRANDES PREXUDICADOS EN MATERIA DE DESEMPREGO
A tímida mellora do mercado laboral está a beneficiar máis aos homes que ás mulleres. Persisten as desigualdades. Aínda que no mes o paro aumentou máis entre os homes, nun 3,31 por cento, fronte ao 1,63 por cento no caso das mulleres, segue a haber menos desempregados homes (88.270) fronte ás mulleres (110.670). Así, as mulleres acadan un peso no desemprego do 55,6 por cento.
Por idades, o paro entre os menores de 25 anos sitúase en 9.285 persoas. Medrando no mes moi por enriba do conxunto de idades, nun 7,19 por cento. Sen embargo, no ano a caída é moito máis acusada, do 17,72 por cento. A causa está na saída de efectivos de Galicia cara a busca dun futuro mellor, así como, na falta de relevo xeracional.