

UGT-Galicia esíxelle ao novo Goberno da Xunta un cambio de orientación de políticas económicas para xerar máis crecemento, emprego de calidade e a diminución das desigualdades
O Sindicato non fai tanto fincapé na estrutura do novo Executivo como nos retos e cambios que debe asumir con urxencia para mudar o rumbo

[...]
Unhas contas públicas ao servizo das persoas nas que a Xunta renuncie á
austeridade e utilizar os incrementos dos ingresos como fórmula para mellorar a
sustentabilidade das contas públicas e non actuar sobre os gastos públicos.
A aposta polo emprego de calidade debe ser
prioritaria, o que esixe un cambio das políticas de emprego porque as actuais
xa demostraron a súa ineficacia. As políticas activas de emprego deben
destinarse a elevar a empregabilidade das persoas desempregadas, non a
bonificar a contratación das empresas.
A loita contra a pobreza tamén debe ser un
obxectivo e, para iso, hai que traballar na liña da recuperación das
prestacións sociais.

En materia de seguridade e saúde laboral,
demándanse estes dous aspectos como un dereito fundamental e, para garantilo, é
preciso promover a implantación de políticas preventivas.
A DEFENSA DOS
SERVIZOS PÚBLICOS DEBERÍA SER PRIORITARIA NESTA LEXISLATURA. URXE UN PACTO POLA
EDUCACIÓN, A SANIDADE, A XUSTIZA E OS SERVIZOS SOCIAIS


No sector pesqueiro as políticas deben
abordar a situación dos descartes, facer unha aposta de país para manter a
pesca artesanal e a acuicultura pode ser unha das actividades que complementen
a pesca extractiva.
PLAN INDUSTRIAL
ESTRATÉXICO E INCREMENTO DO INVESTIMENTO EN I+D+I

Todo isto debe ir acompañado do incremento
do investimento en I+D+i porque esta é a clave para crear emprego de calidade.
Hai que avanzar na estratexia da UE de destinar o 2 por cenTo do PIB a esta
materia.
OS ORZAMENTOS DE 2017 DEBERÍAN CONVERTERSE NUN INSTRUMENTO AO SERVIZO DO DEMANDADO CAMBIO DE ORIENTACIÓN DE POLÍTICAS
OS ORZAMENTOS DE 2017 DEBERÍAN CONVERTERSE NUN INSTRUMENTO AO SERVIZO DO DEMANDADO CAMBIO DE ORIENTACIÓN DE POLÍTICAS
