UGT presentou no día de hoxe a campaña desensibilización “No traballo que non che obriguen a facer o animal”, unha campaña de ámbito nacional para concienciar aos traballadores e traballadoras das consecuencias que a súa actividade laboral pode ter na súa saúde ao longo do tempo”.
“É necesario protexer a saúde presente e futura dos traballadores”, sinalou, “porque durante estes anos de crise as persoas teñen medo a perder o seu posto de traballo e están a antepoñer o seu emprego á súa saúde”.
A campaña céntrase,
en maior medida, nos trastornos musculoesqueléticos, “porque é a
primeira causa de accidentes de traballo”, e no cancro de orixe
laboral, “xa que existe unha infradeclaración desta enfermidade
como laboral. No último ano só declaráronse 26 casos,cando hai
estudos que sinalan que en España prodúcense 9.500 mortes en España
por cancro cada ano que poderían estar relacionadas co traballo”.
Ana García afirmou
tamén que o tipo de emprego que se está creando debido á reforma
laboral do Goberno do PP está a agravar a sinistralidade laboral.
“Cada vez aumentan máis os niveis de temporalidade e precariedade
no traballo e isto está a producir un aumento das enfermidades
profesionais e os accidentes de traballo2.
Neste sentido,
manifestou que “produciuse un aumento entre 2012 e 2015 do número
de accidentes de traballo con baixa por sobreesforzo un 16,1%; un
aumento da sinistralidade mortal un 13,9%; e un repunte do total dos
accidentes de traballo un 6,6%”.
Isto únese a “a
escasa conciencia dos empresarios en materia de prevención, xa que
non teñen asimilada para nada a cultura preventiva nos seus
negocios. Dedícanse a cumprir a lei para evitar a multa, pero non
apostan decididamente pola prevención na empresa. A ven como un
gasto, non como un investimento, pero está demostrado que empresas
con maior cultura preventiva melloran tanto a súa produtividade como
as condicións dos seus traballadores”, considerou.
Ademais, sinalou que
“desde UGT queremos alertar dos posibles efectos negativos en
materia de saúde laboral que pode traer a campaña de Nadal que se
vai a iniciar nuns días, xa que, como todos sabemos, é unha campaña
onde se crean postos de traballo temporais, precarios e con escasas
remuneracións e na que a saúde dos traballadores pódese ver
afectada significativamente”.
Por iso, animou aos
traballadores a “denunciar calquera posible situación que
prexudique a súa saúde. Que non che obriguen a facer o animal.
Protexe a túa saúde e reclama os teus dereitos”.