Creación de emprego, temporalidade e precariedade van da man
Os datos da
EPA referidos ao terceiro trimestre do ano e feitos públicos hoxe
reflicten que, si baixou o desemprego, pero que tamén que a
temporalidade e a precariedade enquístanse no mercado laboral
galego. Dende UGT-Galicia denúnciase que estase consolidando o
binomio emprego-pobreza con 72.100 fogares con todos os activos no
paro; 34.800 vivendas nas que xa non hai perceptores de ingresos;
cunha taxa de paro entre os máis mozos que xa se achega ao 40 por
cento; unha taxa de temporalidade elevadísima que xa supera o 27 por
cento; con 123.000 parados de longa duración; e unha taxa de
parcialidade involuntaria que xa se sitúa no 63 por cento.
- O Sindicato considera imprescindible un cambio de rumbo das políticas neste país, apostando por factores que permitan á economía crecer a medio e longo prazo e que mellore as rendas dos traballadores. Só así conseguirase encarar a recuperación de xeito sostible e diminuír os niveis de desigualdade e pobreza.
- Por outra banda, os fogares nos que todos os activos están no paro son 72.100 e 34.800 vivendas non teñen ningún perceptor de ingresos. A comparación con valores de 2009 é moi significativa. Rexístrase un incremento do 69 por cento no caso das vivendas nas que todos os activos están no paro e do 91,4 por cento nas que os fogares non teñen ningún perceptor de ingresos.
- En Galicia a taxa de parcialidade involuntaria xa é do 63 por cento, é dicir, que de cada cen persoas que teñen un contrato a tempo parcial o teñen por non atopar un a tempo completo non por decisión propia. Unha taxa, ademais, superior ao 61 por cento que se rexistra no resto do Estado.