

Os
datos demostran que se estende a precariedade no emprego, a
desigualdade no mercado de traballo e aumenta a pobreza laboral, a
porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total no mes de xullo é
tan só do 6 por cento. Estes resultados son as consecuencias das
reformas laborais impostas e as súas secuelas, así como, das
políticas de emprego ineficaces, máis baseadas na redución de
custes pola vía da devaluación salarial e das bonificacións de
cotizacións sociais, que na mellora da empregabilidade dos
desempregados.
Para
UGT-Galicia, non é suficiente con crear emprego, senón que urxe
reverter a traxectoria de empeoramento da calidade do emprego e
reforzar as políticas de protección por desemprego e as prestacións
contributivas e asistenciais para aumentar a cobertura porque máis
da metade das persoas desempregadas en Galicia xa non perciben ningún
tipo de prestación. Nos últimos anos a taxa caeu en máis de 25
puntos.
A
recuperación económica debería vir acompañada de políticas co
obxectivo do cambio de modelo produtivo. Para elo, é necesario un
plan de choque dirixido a xerar empregos de calidade, a reducir o
desemprego de longa duración, a acabar coa precariedade e
parcialidade involuntaria e a incrementar a protección aos
desempregados.

Concretando
os datos que ofrece hoxe o SEPE para Galicia, estes indican que o mes
de xullo remata con 195.457 desempregados, caendo o paro nun 5,72 por
cento (11.863 desempregados menos) en relación ao mes de xuño e nun
9,7 por cento en relación a hai un ano.
A
desigualdade no mercado laboral segue presente. A contracción do
desemprego beneficia máis aos homes. Así, a baixada do paro foi do
6,8 por cento entre os homes, fronte a un 4,8 por cento entre as
mulleres. En termos interanuais sucede o mesmo, baixa un 11 por cento
no caso masculino e un 8,54 por cento no feminino.
TAN SÓ O 6 POR
CENTO DOS CONTRATOS NO MES DE XULLO SON INDEFINIDOS
En
termos de contratación, esta sube fortemente, nun 6,64 por cento,
fronte á caída do 5,42 por cento do Estado. Non obstante, hai que
advertir que caen os contratos indefinidos, o 2,3 por cento, e medran
os temporais, o 7,3 por cento. A porcentaxe de contratos indefinidos
sobre o total no mes de xullo é tan só do 6,01 por cento, caendo
incluso máis que no mes anterior.
Hai
111.000 persoas paradas xa sen ningún tipo de cobertura, o 53,4 por
cento dos desempregados galegos. A taxa de cobertura está en mínimos
históricos, por moito que baixe o desemprego a situación das
persoas en paro segue empeorando.