

Comisión de habilitacións:
Lembramos
que ata o 30 de xuño pódense facer as solicitudes de habilitacións.
Só se poderá presentar unha
instancia por tipo de solicitude. No caso de presentar máis dunha
instancia do mesmo tipo de solicitude, a xefatura territorial
correspondente unicamente tramitará a última instancia rexistrada.
Aquelas persoas que xa
solicitaron en convocatorias anteriores e xa acreditaron a documentación
necesaria para ser habilitadas: Celga 4, formación pedagóxica e didáctica e a
certificación académica, non terán que presentala de novo .
Posteriormente
presentarase o documento xerado pola aplicación e fotocopia compulsada da
documentación precisa nos rexistros das xefaturas territoriais ou no rexistro
central da Xunta.

