mércores, 6 de novembro de 2013

ANALISE DOS DATOS DO PARO





                                                                   

O paro sube de novo, baixa en máis dun 6 por cento a contratación indefinida en relación a hai un ano e a taxa de cobertura apenas alcanza o 60 por cento

Os datos de desemprego referidos ao mes de outubro feitos públicos hoxe reflicten unha nova suba en Galicia do 2,87 por cento, en relación a setembro, o que supón en termos absolutos 7.492 persoas. Así, o número de desempregados rexistrados nesta autonomía é de 268.225 persoas. Se ben é certo que, en relación a hai un ano, o paro sube tan só un 0,2 por cento, en 413 persoas, rompendo a tendencia á alza en valores moito máis elevados que se viña rexistrando dende o comezo da crise.

As políticas de axuste do Goberno lastran a recuperación do emprego

É evidente que a recuperación anunciada polo Goberno non se corresponde coa realidade. É necesario crear emprego estable e de calidade

Santiago, 5 de novembro de 2013.- Os datos de desemprego referidos ao mes de outubro feitos públicos hoxe reflicten unha nova suba en Galicia do 2,87 por cento, en relación a setembro, o que supón en termos absolutos 7.492 persoas. Así, o número de desempregados rexistrados nesta autonomía é de 268.225 persoas. Se ben é certo que, en relación a hai un ano, o paro sube tan só un 0,2 por cento, en 413 persoas, rompendo a tendencia á alza en valores moito máis elevados que se viña rexistrando dende o comezo da crise.

Non obstante, seguen a rexistrarse variables moi preocupantes no mercado laboral que impiden calquer tipo de triunfalismo e, moito menos, falar de recuperación como fai o Goberno. As políticas de axuste impostas polos gobernos lastran a recuperación da economía e do emprego, conformando un mercado laboral con menos dereitos para os traballadores e unha economía fráxil apoiada en bases incompatibles cun crecemento sólido, duradeiro e xerador de emprego e benestar.


O dato de outubro contrasta co da EPA feito público o pasado 24 de outubro, no que o número de parados baixaba, en relación ao trimestre anterior, nun 3,85 por cento. Xa por aquel entón dende UGT-Galicia se apuntaba á influencia da temporada estival que sempre mellora os datos de ocupación e desemprego.


Tamén se facía mención a que o pouco emprego que se creaba nin era estable nin de calidade. Premisa que se reforza se se observan os datos de contratación do mes de outubro, en relación a hai un ano, baixando a indefinida nun 6,33 por cento. A sombra da reforma laboral imposta polo Goberno de Rajoy segue acechando a calidade do emprego e incidindo na demolición dos dereitos laborais, o que se traduce nunha precarización brutal do mercado de traballo, incompatible cun modelo produtivo eficiente e cuns estándares aceptables de calidade de vida para os traballadores. UGT-Galicia considera que a retirada da reforma laboral debe ser un imperativo para saír da crise.


Ademais, outro dato moi negativo é o relativo á taxa de cobertura por desemprego, que en Galicia supera escasamente o 60 por cento (60,15 por cento). Isto quere dicir que de continuar a tendencia, dentro duns meses, practicamente a metade das persoas que estén en situación de desemprego non terán coberturas.


Isto acompañado do debilitamente dos salarios, baixada de pensións e recortes aos traballadores da función pública debuxa unha realidade afastada da tan anunciada recuperación por parte do Goberno. UGT-Galicia insiste en que a recuperación para as familias só virá da man da creación de emprego estable, de calidade e o fin das políticas de recortes que non fan máis que afogar á sociedade en xeral e aos máis débiles dun xeito máis incisivo.


Continuando coa análise, hai que explicar que, por sexos, o desemprego medra no mes de outubro, en relación a setembro, nos dous. Un 3,18 por cento entre os homes e un 2,59 por cento entre as mulleres. En relación ao mesmo mes do ano anterior, outubro de 2012, no caso masculino apréciase unha mellora cunha baixada do paro dun 1,2 por cento, mentres no caso das mulleres segue medrando, un 1,5 por cento. Como se vai ver máis adiante o sector servizos non é capaz de tirar do emprego e isto afecta, sobre todo, ás mulleres.


Entre os menores de 25 anos, o desemprego medra un 6,3 por cento en relación ao mes anterior pero baixa un 13 por cento se a comparación se fai cos datos de hai un ano. Por que?, aquí hai que lembrar o efecto emigración, a saída dos máis mozos na búsqueda de oportunidades noutros países que aquí non se lle poden ofrecer. E, de novo, hai que advertir da perda dunha das xeracións mellor formadas, o que de cara a uns anos vaise deixar sentir cando sexa necesario afrontar a recuperación e os mozos que tiveron que emigrar xa non estén aquí para levar a cabo o tan demandado cambio de modelo económico e produtivo.


Por sectores, o desemprego medra en todos, excepto na construción onde mellora timidamente, baixando un 0,7 por cento. Interanualmente, o paro sube na agricultura e servizos pero baixa no resto, industria, construción e entre o colectivo de sen emprego anterior.

 
 
 
 
                                                 
                                                  

 
 
GALICIA
2013/Outubro
                       VARIACIÓN SOBRE
 
 
    Mes anterior
  Mesmo mes ano anterior
 
 
%
%
DESEMPREGO     
Nº desempregados rexistrados
268.225
7.492
 2,87
413
0,15
* homes
128.748
3.969
 3,18
-1.591
-1,22
* mulleres
139.477
3.523
 2,59
2.004
1,46
Nº parados mozos < 25 anos
17.004
1.006
 6,3
-2.551
-13,05
Nº desempregados estranxeiros
 
 
 
 
 
Nº desempregados por sectores*     
* agricultura
8.717
1.121
 14,8
134
1,56
* industria
37.520
601
 1,6
-732
-1,91
* construción
38.849
-289
 -0,7
-3.949
-9,23
* servizos
161.447
 6.022
 3,9
6.425
4,14
* sen emprego anterior
21.692
37
 0,2
-1.465
-6,33
Beneficiarios prestación por desemprego (setembro)
143.797
 
 
 
 
Taxa de cobertura (setembro)
60,15
 
 
 
 
CONTRATACIÓN     
Nº contratos
73.423
4.322
6,25
3.883
5,58
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)
5.563
658
13,41
-376
-6,33
Nº contratos temporais
67.860
3.664
5,71
4.259
6,70
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL    
Nº afiliados (datos provisionais)
921.332
-4.524
-0,49
-23.741
-2,51
 
 
 
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS