luns, 7 de outubro de 2013

CONCENTRACIÓN POLO EMPREGO DIGNO, SERVIZOS SOCIAIS ...






                                                                                                                                               


                                                                                      

Protesta sindical diante da sede da Xunta en Santiago para esixir traballo digno

Os líderes de UXT e Comisións de Galicia pediron cambios nas políticas económicas e redistribución fiscal para que non paguen a crise os que menos teñen

 

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB
A- A+

Nun acto de protesta que se repetiu en moitos lugares da xeografía española, os líderes sindicais saíron á rúa para esixir cambios profundos por parte dos diferentes gobernos de cara a rematar cunha situación insostible e mellorar a vida dunha gran parte da poboación que se encontra sen traballo ou con traballo precario, ou no paro sen prestacións ou rozando o limiar da pobreza.
Os líderes de UXT e Comisións en Galicia, José Antonio Gómez -á dereita- e Xosé Manuel Sánchez Aguión, concentráronse diante da sede da Xunta en Santiago, en San Caetano, e criticaron as actitudes dos gobernos, que provocan unha alta cifra de desempregados, incremento da pobreza, e a incerteza laboral. Esixiron cambios nas estratexias para mellorar unha situación que xa non se pode soster. Pediron novas políticas económicas, que volva fluír o crédito, e redistribución fiscal para que non paguen a crise os que menos teñen. Porque hai que volver conseguir traballos dignos.