mércores, 7 de agosto de 2013

NOVAS. 07/0/13.






melloran as previsións

BBVA Research cre que a economía española xa medra e está iniciando un ciclo expansivo

Rebaixa a súa previsión de paro ao 26,2% en 2013 e prevé que o emprego empece a recuperarse no primeiro semestre 2014

Autonomías e municipios terán que asumir a reforma da Administración se queren axuda do Estado

O Goberno avisa a Cataluña e Euskadi que están obrigadas a aceptar a reforma local porque para iso está o TC e está validada por Consello de Estado // Reprocha ao PSOE que fale de privatizar, que non aparece no texto, e pídelle que aposte pola eficacia e evite a comodidade

sen solución

A folga de lixo da Coruña cumpre o seu oitavo día con novos colectores queimados

As posturas do Comité e a empresa seguen afastadas tras o fracaso da mediación esta fin de semana

Piden "escolta policial" para os empregados de Cespa ante os incidentes pola folga do lixo na Coruña

Mostra a súa "solidariedade" cos empregados de Albada, pero condena os "actos violentos"

ESTA SEMANA

Conclúe a arbitraxe de preferentes de NCG despois de que uns 37.600 clientes recuperasen o 100% dos seus aforros

Consumo prevé atender máis de 1.500 persoas ata o venres, con 520 vistas diarias programadas entre o luns e o mércores

"OCULTAR INFORMACIÓN SERÍA PROSTITUIR A MEMORIA DAS VÍTIMAS"

Feijóo comprométese a que se saiba todo o que pasou no accidente do Alvia

Ve "unha mesquindade" criticar o dispositivo de emerxencias

"as formas non son importantes"

Fernández Alvariño aposta por "maior flexibilidade" para crear emprego

O presidente da CEG augura un "último trimestre de 2013 mellor" e que en 2014 a economía irá "bastante á alza"

conseguir a "ruptura dun réxime podre"

Beiras avoga por ampliar AGE e busca pautas de unidade de acción co Bloque

Acusou o Partido Popular de Galicia de "estar absolutamente deslexitimado" para exercer o poder, xa que "chegou ao goberno con trampas" a través do "financiamento ilegal e fraudulento"

Cinco investigadores da USC atópanse entre os máis citados nas súas respectivas disciplinas

Segundo unha análise que realiza Thomson Reuters cruzando datos de diversos índices de citación...
Cartaz do salón internacional --FOTO:

XVI edición

Arranca na Coruña o Salón Internacional do Cómic 'Viñetas dende o Atlántico'

Renderá homenaxe a 'Superlópez' coa presenza do seu creador, ademais doutros artistas invitados
 

Centos de persoas

Maniféstanse na Coruña para pedir a abolición das corridas de touros

'Galicia, mellor sen touradas' reproba que o Concello de A Coruña financie os festexos taurinos xa...

Investigadores galegos identifican o xene que causa unha enfermidade neurolóxica rara

A revista Nature Genetics publica a investigación deste novo achado

urxencias sanitarias

O 061 asistiu a 64 persoas debido a 46 accidentes de tráfico rexistrados durante a fin de semana en Galicia

 

                        O TEMPO 


                                            
   O TEMPO