xoves, 27 de xuño de 2013

NOVAS. 27/06/13.

                                                                                                           
 


                                                                                                                                                                                                                                                                                                                              

                                                              

 

esmorece O NAVAL

Os estaleiros non devolverán o 'tax lease' pero si deberán reintegralo investidores e armadores

A decisión será tomada por Bruxelas o próximo 17 de xullo conforme á proposta presentada por Almunia // Teranse que devolver as axudas recibidas desde 2005 a 2011 // Serán as autoridades españolas as que terán que identificar quen teñen que devolver as axudas e que cantidades

pleno

Dorado 'volve' á Cámara e Rueda di que non consta a destrución de documentos

O socialista Losada reclama papeis e non respostas orais" e critica as "mentiras" de Feijóo sobre a súa relación co contrabandista

ábrenlle a porta ao PSOE

Bloque e EU pactan unha coalición de goberno en Mugardos

Centran o seu pacto no emprego e temas sociais e confían en que as discrepancias sobre Reganosa non afecten a coalición
Traballadores de Megasa na manifestación en Narón - FOTO: KIKO DELGADO

MAFO non acudirá o venres á comisión das caixas porque viaxa ao estranxeiro

Fernández Ordóñez propón acudir en setembro // O Parlamento ofrécelle xestionar e pagar o seu traslado para facilitar a súa comparecencia ou buscar outra data antes do 5 de xullo

"competencia desleal"

Traballadores de Megasa maniféstanse en Narón polos cambios da tarifa eléctrica
1

Levarán este mércores as súas protestas ante o Parlamento de Galicia

pleno

O popular Fariñas di que no hemiciclo óense "parvadas" e o Goberno non está porque "vai traballar"

Pronunciou estas palabras despois das críticas do deputado socialista José Ramón Val Alonso pola ausencia de membros do Executivo
Alfonso Rueda, no centro, clausurou o encontro organizado polo Grupo Correo Gallego - FOTO: Fernando Blanco

reforma da Administración

Rueda aposta por estudar caso por caso a posible eliminación de institucións
1

O vicepresidente participou nun foro en Santiago organizado polo Grupo Correo Gallego

reforma da Administración

Tranquilidade dos populares porque "o consello de contas non desaparecerá"

A oposición rexeita apoiar a conta de 2009 polo desprazamento de gasto a exercicios futuros e supoñer "o primeiro gran recorte"

pleno

O PP aproba a Lei de estradas e a oposición insiste en que permite crear taxas para os usuarios

Os populares replican que "non crea taxa ningunha" e que recolle "un principio xeral" de que a utilización será gratuíta

movementos migratorios

Máis de 10.300 galegos emigraron ao estranxeiro en 2012

Ao longo do ano pasado 9.400 inmigrantes chegaron á comunidade

para 2013 e de 2014 a 2016

Hacienda e as comunidades fixan este xoves o obxectivo de déficit

Pola esquerda, a avogada Montse Calvo, o secretario xeral de Adega, Froilán Pallín, e Daniel López Viso - FOTO: X.C.Acordada a cifra común, afrontarase o debate dos déficits individuais, noutro Consello de Política Fiscal avanzado xullo

"A VER SE APROBO", IRONIZOU

Cacharro acode "tranquilo" a declarar como imputado na 'Operación Muralla'

O que fora presidente da Deputación de Lugo di que responderá "o mellor que poida"
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

'marbellización' do litoral galego

O Tribunal Superior anula o plan urbanístico de Barreiros e aprecia desviación de poder por parte da Xunta

Segundo Adega, a sentenza deixa claro que "non poden legalizarse as actuacións urbanísticas ilegais...

estimacións de educación

Mil novos docentes en Galicia coa Lomce

As mellores alumnas galegas nas probas de selectividade de Galicia defenden a educación pública
14

Laura Barreiro e Leticia Vázquez, cun 9,9 e un 9,8 respectivamente, destacaron que os recortes e a...

Laura Barreiro e Leticia VázquezFOTO: o ministro da discordia

Wert 'ablándase' e reconsiderará a nota de corte do 6,5 para acceder a unha bolsa de estudos

De tódolos xeitos, advertiu de que "os criterios de valor nos que se inspira este Decreto son...

PLENO

Admitido o proxecto de lei que compatibiliza Risga e traballos esporádicos ou de pouca contía

A oposición pide a devolución do texto, que considera que chega tarde

pleno do parlamento

O PPdeG tomba a proposta de suspender as corridas de touros en Galicia

Parteu do Bloque e contou cos votos favorables do PSdeG e de AGE // Os grupos da oposición censuran...