mércores, 5 de xuño de 2013

NOVAS. 05/06/13.

 
 EN SANTIAGO, ÁS 12 :00 SAE DA ALAMEDA
     
    UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de maio pero advirte da precariedade progresiva do mercado laboral cunha fortísima caída da contratación indefinida


UGT-Galicia saúda os datos do desemprego feitos hoxe públicos polo INEM, con 6.573 parados menos que hai un mes, o que supón unha diminución do 2,26 por cento en Galicia, que son mellores que os rexistrados no resto do Estado, cunha baixada de 98.265 persoas, un 1,97 por cento menos.

O Sindicato insta á Xunta a poñer en marcha un “Plan de choque para o emprego” porque a conxuntura laboral así o esixe

UGT considera que as reformas que plantea Europa supoñen máis recesión, máis destrución de emprego, máis desigualdade e máis tensión social

Santiago, 4 de xuño de 2013.- UGT-Galicia saúda os datos do desemprego feitos hoxe públicos polo INEM, con 6.573 parados menos que hai un mes, o que supón unha diminución do 2,26 por cento en Galicia, que son mellores que os rexistrados no resto do Estado, cunha baixada de 98.265 persoas, un 1,97 por cento menos.

Non obstante, primeiro, tendo en conta que pode tratarse dun dato conxuntural, comezan as contratacións da temporada de verán; que as cifras de desemprego seguen a ser insostibles, 283.886 parados en Galicia e 4.890.928 no Estado; en termos interanuais segue a medrar o paro; a taxa de cobertura está en niveis mínimos en Galicia; e que os contratos de modalidade indefinida caen un 11,71 por cento, baixando a porcentaxe de contratación indefinida fortisimamente ata o 7,6 por cento; todo isto fai concluír que urxen medidas efectivas e, neste senso, UGT-Galicia demanda da Xunta un “Plan de choque para o emprego”.
Por outra banda, aínda que os datos parecen dar un pequeno respiro, dende Europa propóñense reformas que só van traer máis recesión, máis destrución de emprego, máis desigualdade e tensión social.
Hai que mudar as prioridades, deixando de situar o déficit como obxectivo principal e emprazar neste escalón o desemprego e a loita pola consolidación fiscal. Para isto, as pollíticas actuais teñen que cambiar de rumbo, con máis demanda interna, respectar o papel da autonomía colectiva e dos salarios, aplicar unha suba do salario mínimo, un aumento xeneralizado das rendas da UE e unha armonización do imposto de sociedades en torno ao 25 por cento, entre outras cuestións.
Así, o próximo cumio social debería ser o do cambio de rumbo, para isto, as organizacións sindicais están a manter reunións cos presidentes dos gobernos dos diferentes países e xa se puxo en marcha unha campaña de mobilizacións que en España vaise materializar con manifestacións o día 16.
ALERTA SOBRE CALQUERA INTENTO DE AGRAVAR AÍNDA MÁIS A REFORMA LABORAL
UGT-Galicia alerta sobre calquera intento de agravar aínda máis a reforma laboral, o único que cabe é un cambio de política económica, a situación do paro non se resolve cun contrato único nin cos “minijobs” ou salarios mínimos para os máis mozos. Aquí xa existe o contrato de emprendedores dende hai máis dun ano e non funciona e resulta difícil trasladar o modelo de formación dual de Alemania porque aquí non temos o tamaño medio das empresas dese país.
UGT considera que, por desgraza, a día de hoxe,o único que está conseguindo rebaixar o desemprego entre os máis mozos é a súa saída cara outros países na busca dun futuro mellor.
Continuando coa análise dos datos facilitados hoxe polo INEM, estes especifican que a taxa de cobertura por desemprego en Galicia está en niveis mínimos, no 61 por cento, pero é que, ademais, hai que ter en conta a aqueles desempregados sen ningún tipo de axuda, co forte risco de exclusión social que isto conleva. Hai que sumar a todo isto que a contía media da prestación contributiva por desemprego en Galicia é unha das máis baixas do Estado, de 803,2 euros ao mes, un síntoma máis da precariedade do mercado laboral desta autonomía.
En termos interanuais, o desemprego segue medrando, en Galicia o 2,63 por cento e no Estado o 3,75 por cento.
Por sexos, o paro baixa en ambos colectivos, o 2,85 por cento entre os homes e un 1,7 por cento entre as mulleres. Do total do desemprego, o 51,2 por cento é feminino. Interanualmente, o paro medra nun 3,06 por cento no caso masculino e un 2,22 por cento entre as mulleres.
Entre os máis mozos, os menores de 25 anos, o paro diminúe no mes nun 4,48 por cento e un 12,35 por cento no ano. Un mes máis queda reflectida a saída da mocidade galega cara fóra na busca de emprego e dun futuro mellor.
Por provincias, na que máis baixa é en Pontevedra, o 2,81 por cento; en Lugo, o 2,51 por cento; o 2,1 por cento en Ourense; e o 1,69 por cento en A Coruña. En relación a hai un ano, destaca a suba do 3,56 por cento en Lugo, o 2,86 por cento en Pontevedra, o 2,71 por cento en A Coruña, e o 0,71 por cento en Ourense.
Por sectores, onde máis cae en termos absolutos é no de servizos, en 4.019 persoas, pero en termos relativos a maior baixada rexístrase na construción, o 3,17 por cento.
Interanualmente, destaca o forte crecemento no primario, o 24,53 por cento e en servizos, o 10,08 por cento. Sen embargo, cae na construción, o 5,43 por cento; na industria, o 5,25 por cento; e o 17,96 por cento no colectivo de sen emprego anterior, pero por motivos diferentes, moitos porque saen das listaxes de desemprego.
En relación á contratación, en maio rexistráronse 56.301 contratos, o que supón un aumento mensual do 6,8 por cento e interanualmente o crecemento foi do 8,2 por cento.
Non obstante, unha análise da modalidade de contratación, amosa a gran precariedade que tiñe o mercado laboral galego. Caen os indefinidos nun 11,71 por cento e medran os temporais nun 8,67 por cento. A porcentaxe de contrataciónn indefinida baixa fortisimamente, ata o 7,6 por cento. No ano os indefinidos tan só medran o 1 por cento, fronte ao 8,8 por cento dos de modalidade temporal.



NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNS LABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.



GALICIA
2013/Maio
VARIACIÓN SOBRE
 
 
Mes anterior
Mesmo mes ano anterior
 
 
%
%
DESEMPREGO     
Nº desempregados rexistrados
283.886
-6.573
-2,3
7.278
2,6
* homes
138.545
-4.061
-2,8
4.120
3,1
* mulleres
145.341
-2.512
-1,7
3.158
2,2
Nº parados mozos < 25 anos
19.670
-923
-4,5
-2.771
-12,3
Nº desempregados estranxeiros
14.142
-517
-3,5
-589
-4,0
Nº desempregados por sectores*     
* agricultura
9.376
-146
-1,5
1.847
24,5
* industria
39.611
-930
-2,3
-2.196
-5,3
* construción
44.654
-1.462
-3,2
-2.565
-5,4
* servizos
166.970
-4.019
-2,4
15.287
10,1
* sen emprego anterior
23.275
-16
-0,1
-5.095
-18,0
Beneficiarios prestación por desemprego (abril)
162.974
 
 
 
 
Taxa de cobertura (abril)
61,00
 
 
 
 
CONTRATACIÓN     
Nº contratos
56.301
3.585
6,80
4.258
8,18
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)
4.258
-565
-11,71
41
0,97
Nº contratos temporais
52.043
4.150
8,67
4.217
8,82
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL    
Nº afiliados (datos provisionais)
912.173
3.294
0,36
-31.530
-3,34
 
 
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS



                                       
 
                                                 XORNAIS                                                  


EL CORREO GALLEGO
LA VOZ DE GALICIA
EL PROGRESO
FARO DE VIGO
EL PAÍS


P.D. A BASE DOCUMENTAL, XORNALÍSTICA, RESPETA O IDIOMA NA QUE SE REDACTOU.